3ª sesión

Nesta sesión centrarémonos máis no contido da curtametraxe, mais que na parte técnica, xa que na materia de Valores éticos o alumnado xa terá tratado o tema do bullying escolar, a diversidade tanto sexual, como étnica, relixiosa... Asimesmo, aproveitaremos esta sesión para aplicar a teoría vista en sesións precedentes sobre o uso do condicional. A particularidade destas actividades é que precisarán un ordenador para levalas a cabo, polo tanto, desprazarémonos á aula de informática (previamente reservada).

1 ª Actividade: Crucigrama

Neste crucigrama, os alumnos e alumnas teñen que buscar palabras en inglés relacionadas co visto na clase de Valores éticos.


2ª Actividade: Videoquizz

A continuación, proponse unha actividade na que empregaremos un vídeo dunha duración de 4min30 sobre o bullying no instituto. Ao logo do vídeo, os alumnos e alumnas terán que responder a unha serie de preguntas tipo test, de resposta curta e outras nas que teñan que expresar a súa opinión ou explicar que farían en determinadas situacións.

 

Comentarios