2ª sesión

Unha vez mergullados no mundo do cine, a segunda sesión enfocarase á elaboración da curtametraxe en si; é dicir, na parte técnica e nos procesos de gravación.

1ª Actividade: Tips para a elaboración dunha curtametraxe

Nesta actividade procederemos á visualización dun vídeo no que se darán unha serie de consellos para elaboración dunha curtametraxe. A duración do mesmo é de 8min, polo que velo dun tirón pode chegar a resultar pesado ó alumnado. Para evitalo, iremos parando o vídeo despois de  cada un dos cinco consellos e os poñeremos en común co resto da clase. 


  

2ª Actividad: Sopa de letras

 Axudándonos da pizarra electrónica, realizaremos unha sopa de letras na que os grupos de traballo xa formados terán que adiviñar palabras que teñen relación co vídeo que acaban de ver. Cando algún grupo atope unha desas palabras, terá que saír a marcala na pizarra. A resposta será válida se recolle todos os caracteres de dito término.

Comentarios