1ª sesión


Para fomentar a curiosidade do alumnado, comezaremos a sesión coa visualización dunha curtametraxe que adianta unha das posibles temáticas das curtas do alumnado, a diversidade sexual.



A continuación, faremos un brainstorming no que discutiremos que é unha curtametraxe, cales son as súas características e avaliaremos cales son os coñecementos do alumnado sobre o tema. Despois disto pedirémoslle que abran cos seus teléfonos móbiles un código QR que os dirixirá a unha infografía sobre a presenza de mulleres no mundo do cine.



Para finalizar a sesión presentaremos o proxecto e lles pediremos que se dividan en grupos de 4/5 persoas.

Comentarios